― Destínanse máis de 179.000 euros a catro Centros de Información á Muller da comarca
― Desde o ano 2015 a Xunta leva destinados a estes apoios máis de 36 millóns de euros
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informaron do resultado da resolución das axudas a entidades locais que a Xunta de Galicia destinará este ano para fomentar e promocionar a igualdade. Na comarca de Ferrolterra esta cifra ascende a a algo máis de 300.000 euros para atender as demandas de 14 concellos.
Como explicou Susana López Abella o Goberno galego financia actuacións de catro programas: (1) fomento da conciliación; (2) promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; (3) apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e (4) o programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.
O primeiro dos programas conta con máis de 78.000 euros cos que se apoian iniciativas de sete entidades locais para o fomento das medidas de conciliación.
A segunda liña, con máis de 18.000 euros, céntrase na promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero en catro entidades locais. Coa mesma a Xunta financia accións orientadas a previr a violencia de xénero e mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes s e doutras mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes apoios inclúen medidas de loita contra a explotación sexual, incluída a prostitución.
A terceira liña ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente por 4 centros que dan cobertura a 8 concellos. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando a este programa máis de 179.000 euros na área de Ferrol.
A cuarta liña céntrase na posta en marcha de medidas de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Na convocatoria deste ano destinaranse máis de 23.000 euros euros para catro entidades locais con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
A Xunta leva investidos nestes programas, en toda Galicia, desde o ano 2015 máis de 30 millóns de euros, o que permitiu axudar a máis de 50.000 mulleres e 17.500 familias.
SOLICITANTE | Concellos agrupados/
mancomunados |
CONCELLOS | CIM – TOTAL (2021/2022) | PROMOCIÓN IGUALDADE | CONCILIACIÓN | SENSIBILIZACIÓN | TOTAL CONCEDIDO CONCELLO |
ARES | 1 | 40.890 € | 40.890,00 € | ||||
CABANAS | 1 | 3.360 € | 8.694 € | 6.000 € | 18.054,00 € | ||
CARIÑO | CONTABILIZADO CON ORTIGUEIRA | 0 | 12.543,86 € | 5.693 € | 18.236,86 € | ||
FERROL | 1 | 45.000 € | 45.000,00 € | ||||
MUGARDOS | 1 | 14.332,50 € | 14.332,50 € | ||||
ORTIGUEIRA | Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón | 5 | 57.156,48 € | 2.948,70 € | 6.777 € | 66.882,18 € | |
PONTEDEUME | 1 | 10.080 € | 10.080,00 € | ||||
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
|
1 | 36.480,00 € | 2.280,80 € | 15.000,00 € | 53.760,80 € | ||
SAN SADURNIÑO | 1 | 5.980 € | 5.980,00 € | ||||
VALDOVIÑO | 1 | 14.310 € | 14.310,00 € | ||||
VILARMAIOR | 1 | 6.720 € | 6.000 € | 12.720,00 € | |||
TOTAL | 14 | 179.526,48 € | 18.669,50 € | 78.377,36 € | 23.673,00 € | 300.246€ |