• Celebrarase do 1 ao 11 de xullo nas pistas municipais da Galea e nas do Club de Golf.
• Haberá 1.300 euros de premio para a 1ª categoría.
Mañá, xoves 1 de xullo, dará comezo o I Open de Pádel Concello de Miño, que se celebrará ata o 11 de xullo nas pistas municipais da Galea e nas do Club de Golf Miño e no que, en total, repartiranse 5.000 euros en premios entre os participantes.
O prazo para anotarse finaliza hoxe, mércores 30 de xuño, ás 13 horas e o prezo para anotarse a unha categoría é de 18 euros e para dúas categorías de 32 euros. A inscrición debe formalizarse na web www.mistorneosonline.es e para máis información pódese chamar ao teléfono 671 129 962 ou enviar un correo electrónico a minopadel@gmail.com.
As categorías divídense en ‘Masculino’ (1ª, 2ª, 3ª, 4ª e 5ª), ‘Feminino’ (1ª, 2ª e 3ª), ‘Mixto’ (1ª, 2ª e 3ª) e ‘Menores’ (armaranse as categorías a partir da lista de rexistrados).
Os partidos celebraranse de luns a venres a partir das 18 horas e os sábados e domingos a partir das 9 horas. A organización procurará adecuar os horarios dos partidos á dispoñibilidade dos deportistas.