O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou esta tarde no operativo de asistencia a un accidente por saída de vía cunha persoa ferida que tivo lugar na rúa Rosaleda, no centro urbano de Bertamiráns (Ames). Os técnicos do GES brionés recibiron o aviso do 112 ás 18:25 e desprazáronse ata o lugar do sinistro, onde o turismo se saíu da estrada para rematar chocando contra un muro. A persoa ferida foi trasladada ao hospital polo 061. Na intervención tamén participaron integrantes da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Ames, Policía Local de Ames e 061.