· Comezarán o sábado, 24 de xullo, en Xaviña coa proxección de ‘El Rey León’ na Praza da Igrexa e posteriormente haberá sesións en Arou, Camelle, Ponte do Porto e Camariñas.
· Haberá flocos de millo gratis para os asistentes.
O Concello de Camariñas programa durante todo o verán noites de cine ao aire libre por todas as parroquias, comezando o sábado 24 de xullo en Xaviña na Praza da Igrexa.
Todas as sesións comezarán a partir das 22 horas e está previsto que as pantallas se instalen no exterior en diferentes lugares pero, se chove, trasladaranse a espazos cubertos. Todos os asistentes recibirán flocos de millo gratuítos.
O calendario de proxeccións é o seguinte:
• ‘El Rey León’: sábado 24 de xullo en Xaviña. Praza da Igrexa (se chove na casa da Sociedá).
• ‘Quien a hierro mata’: sábado 31 de xullo en Arou. Praza da Praia (se chove no centro A Estivada).
• ‘Spiderman: lejos de casa’: venres 6 de agosto en Camelle. Praza Igrexa (se chove na Casa do Alemán).
• ‘A Galiña Turuleca’: venres 13 de agosto na Ponte do Porto. Paseo fluvial (se chove no centro cultural).
• ‘Dumbo (Tim Burton): venres 20 de agosto en Camariñas. Praza de San Xurxo (se chove na Casa de Pedra).
• ‘O que arde’: venres 27 de agosto en Camariñas. Praza do Mercado (se chove na Casa de Pedra).