Thursday 21 de November de 2024

Presentación da obra poética de Isaac Díaz Pardo na Pobra


No 2 de xullo terá lugar a presentación literaria de A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo, unha edición de Esperanza Luz Mariño Davila. Será no Auditorio do Museo Valle-Inclán, da man da A. C. Barbantia, La Voz de Galicia, a editorial Xerais e a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.

Ademais da propia autora, intervirán o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e Xesús Laíño, en representación da A. C. Barbantia.

Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben realiza-la súa reserva no primeiro andar do consistorio pobrense ou no teléfono de contacto 981843281.