Os rapaces e rapazas do Concello de Touro, dos oito aos 16 anos, poden apuntarse aos Campamentos de Verán 2021. O prazo para anotarse nesta actividade apoiada pola Consellería de Política Social remata o próximo mércores, día 30 de xuño de 2021. O Campamento de Verán, que terá lugar no Campamento Xuvenil A Devesa, en Ribadeo, desenvolverase do 26 de agosto ao 4 de setembro. O Concello de Touro conta con 27 prazas, que serán asignadas por rigorosa orde de inscrición. Os interesados poden chamar ao Departamento de Cultura do Concello de Touro: 981.814.566 ou 981.504.029.
Articulos relacionados
A Primaveira Teatral de Paiosaco alcanza a súa 12ª edición e ofrecerá tres funcións no mes de abril
abril 4, 2023 Comments are off 0 visitas
Serán os venres 14, 21 e 28 a partir das 21:00 horas no centro sociocultural ...
Aberto o prazo para inscribirse nunha “Xornada formativa apícola” que terá lugar este sábado en Sedes
junio 15, 2022 Comments are off 0 visitas
O Centro Cívico Social de Sedes acollerá o vindeiro sábado, día 18, unha Xornada formativa ...
O BNG esixe a gratuidade da AP-9 até Miño durante as obras na Ponte de Pedra entre Cabanas e Pontedeume
febrero 5, 2024 Comments are off 0 visitas
Néstor Rego avanzou que o BNG levará unha iniciativa ao Congreso durante unha visita a ...
