O Concello de Boqueixón súmase un ano máis á campaña de sensibilización “Liberdade de ser e sentir!”, promovida desde a área de Igualdade da Deputación Provincial da Coruña. Co gallo da conmemoración do 28 de xuño “día da diversidade sexual” o consistorio loce na súa fachada a bandeirola coas cores do arco da vella.
Deste xeito, o Concello de Boqueixón aposta por visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. O propósito é normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.