Thursday 21 de November de 2024

Xullo, Mes de Patria no Concello de Fene


Cun concerto a cargo de Ukestra do Medio comeza este venres o ciclo “Xullo, mes da patria” que
engloba toda a programación organizada pola Concellería de Cultura de Fene até finais do mes de
xullo. O ciclo inclúe as catro actuacións de narración oral e música de “Humor Peregrino”, actividade
incluída no proxecto Viñetas do Camiño que o Concello de Fene está a desenvolver dentro do
programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. Tamén se anuncian concertos de Sito Sedes coa
Garufa Blue Devils (21 de xullo), de Sés (22 de xullo) e Amadeus, a propósito do seu 25º aniversario
(24 de xullo). E, para completar o programa, o 20 de xullo Fene acollerá o acto de entrega dos Premios
Rosalía de Castro de Lingua, da Deputación da Coruña, que nesta edición recaeron -na categoría de
“Persoas”- na figura do debuxante fenés Xaquín Marín. E o 23 será a inauguración da exposición de
Viñetas do Camiño, na que se poderá ver unha escolma dos debuxos realizados polos artistas
convidados á Andaina debuxada do pasado mes de xuño.

A continuación detállanse todas as actividades previstas no ciclo “Xullo, mes da Patria”:
• Venres 2 de xullo. UKESTRA DO MEDIO (Ciclo Humor Peregrino – Viñetas no Camiño). 21.00
horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. Organiza Concellería de Cultura coa colaboración
da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
• Venres 9 de xullo. PAULA CARBALLEIRA, con Historias de arrepío (Ciclo Humor Peregrino –
Viñetas no Camiño). 21.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. Organiza Concellería
de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
• Venres 16 de xullo. GALA MARTÍNEZ, con Son un monstro (Ciclo Humor Peregrino – Viñetas
no Camiño). 21.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. Organiza Concellería de
Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
• Martes 20 de xullo. ENTREGA DOS PREMIOS “ROSALÍA DE CASTRO” DA LINGUA,
convocados pola Deputación da Coruña. 20.30 horas na pista polideportiva de Fonte do
Campo. Organiza a Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Fene.

◦ PREMIADOS:
2021
• Categoría A: Xaquín Marín
• Categoría B: Agrupación Astronómica Coruñesa ÍO
• Categoría C: Twitter en galego
1 de 2Pza. do Alcalde Ramón José Souto González, s/n, 15500 Fene. Tfno.: 981 49 27 07 Fax: 981 49 27 88
C.I.F.: P-1503600-G
NOTA DE PRENSA
• Mércores 21 de xullo. SITO SEDES COA GARUFA BLUE DEVILS. 21.00 horas na pista
polideportiva de Fonte do Campo. Organiza Concellería de Cultura coa colaboración da
Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.

• Xoves 22 de xullo. SES, con Liberar as arterias (Ciclo Día da Patria). 21.00 horas na Praza do
Alcalde Ramón José Souto González. Organiza Concellería de Cultura coa colaboración da
Rede Cultural da Deputación da Coruña.

• Venres 23 de xullo. INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FÍSICA DE “VIÑETAS NO CAMIÑO”
+ CONCERTO DE THE TETA´S VAN (Ciclo Humor Peregrino – Viñetas no Camiño). 21.00
horas na Praza do Alcalde Ramón José Souto González. Organiza Concellería de Cultura coa
colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

• Sábado 24 de xullo. AMADEUS en concerto. 25º ANIVERSARIO. 21.00 horas na Praza do
Alcalde Ramón José Souto González. Organiza Concellería de Cultura.

Todas as actuacións do ciclo “Xullo, mes da Patria”, desenvolveranse atendendo aos protocolos de
seguridade e hixiene actualmente en vigor. Así, o uso da máscara será obrigatorio en todos momento
namentres duren as actividades ou concertos programados. Ademais, o aforo estará limitado, tanto nas
actuacións da Casa da Cultura como nas da Praza do Concello ou Fonte do Campo.

No que respecta ás entradas, todas as actividades de “Humor Peregrino” -actuacións de Ukestra do
Medio, Paula Carballeira, Gala Martínez e The Teta´s Van- serán con entrada libre até completar o
aforo previsto (50 persoas). Para os concertos de Sito Sedes, Sés e Amadeus, a distribución de
entradas farase a través do portal web de Ataquilla, até completar o aforo que será de 150 persoas no
caso do concerto de Sito Sedes, e de 200 persoas para Sés e Amadeus. E xa, por último, para a
entrega dos Premios Rosalía de Castro, tanto a Deputación da Coruña coma o Concello de Fene serán
os encargados de distribuir as invitacións para asistir ao acto.

Máis información, na web do Concello de Fene www.fene.gal ou no Departamento de Cultura do
Concello de Fene, tfno. 981 340 366.