Friday 22 de November de 2024

A Coruña bótase ás rúas no Día do Deporte


Miles de persoas gozan dunha xornada deportiva nos nove puntos con actividades distribuídos pola cidade

A Coruña botouse hoxe ás rúas para facer deporte. As coruñesas e os coruñeses gozaron das máis de 60 especialidades deportivas programadas polo Concello e as entidades colaboradoras co fin de fomentar a práctica deportiva nunha aposta clara do Goberno de Inés Rey de pola cultura do deporte para todas e todos. Foron miles de persoas as que saíron ás rúas para gozar dunha xornada deportiva na que se
respectaron as normas de seguridade sanitaria.

As familias tomaron as nove zonas de actividades, xa que en esta nova edición do Deporte na cidade, o Concello optou por descentralizar o evento e levalo aos barrios, que se converteron deste xeito nun escaparate do deporte para toda a cidadanía.

A alcaldesa agradeceulle a súa implicación as 76 entidades deportivas e empresas que participaron na xornada, así como o labor desenvolto por Protección Civil e das/os voluntarias/os de distintas concellarías.

O deporte viviuse na Cidade Deportiva A Torre-Arsenio Iglesias, Pista de Durmideiras, Pista de Petanca Santo Amaro, os Xardíns de Méndez Núñez, Cidade Deportiva de Riazor, a Casa da Auga, a praza de San Pablo, a praza de Tabacos e a praia de Oza.

A cada inscrita/o se lle entregou un “Carné do Deportista”, que foi selando en cada un dos nove puntos de actividades se superaba a actividade nun tempo prudencial e con respecto ás normas establecidas polo organizador en cada punto. Para fomentar a participación en todas as zonas e actividades algunhas valían dous selos.