Friday 22 de November de 2024

O Concello asina un convenio de colaboración cos clubs de Camariñas para a creación dunha escola de fútbol


· Reuníronse a alcaldesa, Sandra Insua; o presidente do Camariñas C.F., Vicente Carril; o presidente do club Porteño C.F., Manuel Castiñeira; o presidente do Camelle S.D., Luis Romaní; e o presidente do club As Baleas, Vicente Castiñeira.

· A xestión da escola de fútbol formativa correrá a cargo de Juan Cabrejo Pasantes, que levará a cabo a parte técnica e administrativa de todas as categorías inferiores.

· As categorías a desenvolver nesta unificación van desde Biberón e ata cadetes, ambas incluidas. Ditas categorías competirán tanto en fútbol como en fútbol sala.

· Sandra Insua destacou “a importancia deste convenio para todos os nenos e nenas de Camariñas amantes deste deporte e que a partir de agora non terán que desprazarse a Concellos limítrofes para xogar ao fútbol”.

O Concello de Camariñas asinou hoxe un convenio de colaboración, por catro tempadas, cos catro clubs do Concello para a creación dunha escola de fútbol e unificar así todas as categorías inferiores deste deporte.

Ao acto da firma acudiron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o presidente do Camariñas C.F., Vicente Carril; o presidente do club Porteño C.F., Manuel Castiñeira; o presidente do Camelle S.D., Luis Romaní; e o presidente do club As Baleas, Vicente Castiñeira.

A xestión da escola de fútbol formativa será levada a cabo por Juan Cabrejo Pasantes. Deste xeito, estará ao fronte da parte técnica e administrativa de todas as categorías inferiores da Escola de fútbol de Camariñas.
Esta unión, que se formalizou hoxe, é importante principalmente para a formación educativa e deportiva dos nenos e nenas do Concello, tendo unha escola deportiva de referencia con continuidade e tendo obxectivos a longo prazo.
Do mesmo xeito, crease un vínculo de unión e sentimento a nivel Concello que farán máis fortes as escolas deportivas as que se poderán beneficiar nun futuro a continuidade dos clubs asinante de categoría xuvenil e sénior, sin necesidade de buscar xogadores fóra do propio concello.
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destacou “a importancia deste convenio para todos os nenos e nenas de Camariñas amantes deste deporte e que a partir de agora non terán que desprazarse a Concellos limítrofes para xogar ao fútbol”.
Na mesma liña, o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, quixo pór en valor “a gran dispoñibilidade e predisposición de todos os clubs asinantes por chegar a este acordo, que respecta e fomenta o espírito dos valores propios da práctica do deporte e xogo limpio”.