A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, sinalou a necesidade de volver abrir estes equipamentos para que poidan ser utilizados pola cidadanía
O Concello reabre ao público os espazos abertos TEU que recuperan desde o vindeioro xoves a súa actividade tras os meses de peche motivado pola crise sanitaria da COVID. Todos os espazos abrirán no seu correspondente horario de verán, que se pode consultar no portal web municipal páxina web de participación: TEUs Espazos abertos (coruna.gal)
Deste xeito, a rede dos TEUS, integrada polo Faro de Oza e os dous espazos de Ribeira Sacra en Novo Mesoiro, poderá utilizarse de novo para reunións familiares, celebracións ou outras actividades. Dado que é preciso formalizar a solicitude de cesión cunha anterioridade de 15 días, desde o 26 de xuño será posible solicitar a cesión de uso dos TEUs a través da sede electrónica ou nos rexistros do Concello.
Pola situación de excepcionalidade derivada da COVID-19 as capacidades estarán limitadas ao 50% da capacidade dos locais e será preciso respectar as condicións de uso adaptadas á normativa sanitaria vixente en cada momento.
O uso destes espazos municipais efectuarase baixo a absoluta responsabilidade da persoa que faga a solicitude. Os requisitos para poder utilizar os TEUs inclúen ser maior de idade e estar empadroada/o na Coruña, podendo solicitarse con carácter privado ou en representación dunha entidade/asociación/colectivo informal con sede dentro do termo municipal da Coruña.