Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Touro xa ten a punto á piscina municipal para a súa apertura o próximo 1 de xullo


O Concello de Touro xa ten a punto a piscina municipal, ubicada na zona de servizos da praza do Luar onde tamén se atopan as pistas deportivas, a Casa da Cultura e o PAI. Durante os últimos días os traballadores do Concello de Touro estiveron arranxando os últimos detalles e comprobando que as instalacións da piscina se manteñan nas mellores condicións para o desfrute da veciñanza. A inauguración da tempada estival da piscina, que estará aberta en horario de tarde, está prevista para o próximo xoves, día 1 de xullo. A entrada é de balde para os veciños e veciñas censados no Concello de Touro. As instalacións, que contan con todas as medidas de seguidade e seguirán o protocolo sanitario para seguir loitando contra a Covid19, permanecerán abertas ata inicios de setembro.