Esta tarde o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, presidiu o acto de izado da bandeira azul na praia de Andahío de Perbes, ao que acudiron tamén a concelleira de Medio Ambiente, Elena Lage; o concelleiro de Turismo, Jose Manuel Pantín; o concelleiro de Obras, Agustín Sanz; a concelleira de Urbanismo, Emma González e a concelleira de Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá e transparencia; Catalina Morado.
Vázquez Faraldo destacou “a importancia que ten para Miño, como municipio coa cualificación de concello de interese turístico, que este areal conte outro ano máis cun distintivo de calidade como a bandeira azul” e incidiu en que “todas as nosas praias teñen unha calidade excepcional e seguiremos traballando para que esta bandeira luza noutros areais do municipio”.