Friday 22 de November de 2024

Posta de longo do poemario de Andy da Fonte no Elma


O teatro cine Elma foi escenario na tarde deste 25 de xuño da presentación do libro Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte, onde se mestura a luz e a escuridade, tal e como expuxo a propia autora, que asegurou “que son os protagonistas principais”, ademais da forte presenza que ten o elemento da auga, o cal se constata xa na propia portada da obra. Unha peza onde as tres dedicatorias (todas elas a unha das avoas da poeta) estruturan o texto onde conflúen moitas liñas narrativas. E así llo amosou ao público asistente coa lectura dalgunhas das súas composicións.

No acto tamén interviñeron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), quen destacou a relevancia da cultura e tamén tivo palabras de recoñecemento para a A. C. Barbantia, que se atopaba representada sobre as táboas da man do seu presidente, Manuel Cartea, e dun dos seus membros, Jesús Laíño. Ambos expuxeron o peso da poesía na literatura e na sociedade, ademais de poñer de manifesto o “conxunto de poetas extraordinarios que temos no Barbanza.”

O acto tamén contou con varias intervencións musicais a cargo de Mallou, conformado por Sabela King e Benjamín Vázquez.