― A directora xeral de Administración Local participou nun encontro coa directiva da Asociación de Dirección Pública Profesional (ADPP), que aposta pola excelencia na dirección pública
― Natalia Prieto analizou coa directiva liñas de colaboración coa Xunta para facilitar a profesionalización do colectivo
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou por videoconferencia nun encontro coa directiva da Asociación de Dirección Pública Profesional (ADPP), unha entidade que aposta pola excelencia e pola acreditación das competencias dos seus profesionais.
No encontro telemático que mantivo con Fernando Monar, presidente da asociación, Natalia Prieto analizou as posibles vías de colaboración entre a Xunta e a ADPP co obxecto de contribuír á profesionalización da dirección pública en xeral, pero tamén coa intención de que ditos estándares de excelencia cheguen á Administración Local; particularmente, aos concellos galegos.
O colectivo de directivos públicos profesionais busca adaptar as súas funcións a uns novos tempos derivados dos cambios tecnolóxicos e culturais que sexan acordes coas directrices marcadas no Estatuto Básico do Empregado Público de 2007.