Friday 22 de November de 2024

O poemario de Andy da Fonte presentarase no Elma


O 25 de xuño é a nova data elixida para a presentación do libro Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte. Será no teatro cine Elma, a partir das 20.30 horas, en colaboración coa A. C. Barbantia e La Voz de Galicia.

Intervirán, ademais da propia autora, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); o presidente da A. C. Barbantia, Manuel Cartea; e o escritor Antón Riveiro Coello.

O toque musical do evento correrá a cargo de Mallou, conformado por Sabela King e Benjamín Vázquez.

Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo que as persoas que desexen asistir deben formaliza-la súa reserva mediante o teléfono de contacto 981831545.

Cómpre indicar que este acto formaba parte da programación impulsada dende a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal co gallo das Letras Galegas neste 2021.