A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, asistirán á primeira edición deste foro e á Feira de Cidades e Museos que se celebra do 21 ao 22 de xuño
O Concello da Coruña e a Deputación provincial son dúas das institucións convidadas á primeira edición da CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair, que se desenvolve do 21 ao 22 de xuño en
Málaga, un evento arredor do papel dos museos e institucións culturais na transformación das cidades. Concello e Deputación promocionarán os recursos de turismo cultural do territorio e presentarán un produto novo sobre a figura de Pablo Picasso, “A ruta Picasso”.
A alcaldesa, Inés Rey, destacou o vínculo “picassiano” que Málaga e A Coruña gardan, irmás desde o ano 2013 na memoria de Pablo Picasso, e sinalou que “ambas as cidades son as únicas que conservan en forma de museo unha vivendaonde residiu o artista malagueño”. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, apuntou que “nunha cidade como Málaga e nun proxecto como este dedicado a museos e centros de arte e o seu impacto nas cidades consideramos de especial interese que estivera presente o Concello da Coruña, para presentar os novos produtos turísticos relacionados co artista e tamén para poñer en conexión as dúas cidades unidas pola presenza biográfica do artista”.
Promocionar os destinos culturais da provincia é o obxectivo da presenza do Concello e da Deputación da Coruña na primeira edición da CM Málaga, un evento en que se afondará na transformación dixital de museos e centros de arte en relación coa sustentabilidade e xestión de recursos, con especial atención á recuperación do sector turístico.
Inés Rey participará o 22 de xuño nunha mesa de debate sobre a dimensión turístico-cultural nas novas urbes, xunto ás e os seus homólogos en Málaga, Logroño e Teruel. A rexedora presentará e defenderá o turismo cultural como “unha grande oportunidade para achegar a singularidade e identidade da Coruña convidando a descubrir un destino de gran riqueza patrimonial e unha variada oferta cultural nun espazo facilmente transitable a pé e que conta con interesantes infraestruturas turística de calidade para acoller un turismo experiencial que apela os cinco sentidos”.
A Deputación da Coruña contará cun espazo propio na feira en que se difundirán os principais recursos culturais, rutas, eventos, centros e outras propostas, nun encontro que convoca a especialistas e representantes de institucións de recoñecido prestixio internacional entre as que se atopa o Rijksmuseum de Amsterdam, o Munch Museum de Oslo ou o Centro Andaluz de Arte Contemporánea.
Pola Deputación da Coruña, participarán na feira o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira e persoal técnico do servizo e polo Concello asistirá a alcaldesa Inés Rey.A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, asistirán á primeira edición deste foro e á Feira de Cidades e Museos que se celebra do 21 ao 22 de xuño A Coruña, 18 de xuño de 2021.- O Concello da Coruña e a Deputación provincial son dúas das institucións convidadas á primeira edición da CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair, que se desenvolve do 21 ao 22 de xuño en
Málaga, un evento arredor do papel dos museos e institucións culturais na transformación das cidades. Concello e Deputación promocionarán os recursos de turismo cultural do territorio e presentarán un produto novo sobre a figura de Pablo Picasso, “A ruta Picasso”.
A alcaldesa, Inés Rey, destacou o vínculo “picassiano” que Málaga e A Coruña gardan, irmás desde o ano 2013 na memoria de Pablo Picasso, e sinalou que “ambas as cidades son as únicas que conservan en forma de museo unha vivenda onde residiu o artista malagueño”. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, apuntou que “nunha cidade como Málaga e nun proxecto como este dedicado a museos e centros de arte e o seu impacto nas cidades consideramos de especial interese que estivera presente o Concello da Coruña, para presentar os novos produtos turísticos relacionados co artista e tamén para poñer en conexión as dúas cidades unidas pola presenza biográfica do artista”.
Promocionar os destinos culturais da provincia é o obxectivo da presenza do Concello e da Deputación da Coruña na primeira edición da CM Málaga, un evento en que se afondará na transformación dixital de museos e centros de arte en relación coa sustentabilidade e xestión de recursos, con especial atención á recuperación do sector turístico.
Inés Rey participará o 22 de xuño nunha mesa de debate sobre a dimensión turístico-cultural nas novas urbes, xunto ás e os seus homólogos en Málaga, Logroño e Teruel. A rexedora presentará e defenderá o turismo cultural como “unha grande oportunidade para achegar a singularidade e identidade da Coruña
convidando a descubrir un destino de gran riqueza patrimonial e unha variada oferta cultural nun espazo facilmente transitable a pé e que conta con interesantes infraestruturas turística de calidade para acoller un turismo experiencial que apela os cinco sentidos”.
A Deputación da Coruña contará cun espazo propio na feira en que se difundirán os principais recursos culturais, rutas, eventos, centros e outras propostas, nun encontro que convoca a especialistas e representantes de institucións de recoñecido prestixio internacional entre as que se atopa o Rijksmuseum de Amsterdam, o Munch Museum de Oslo ou o Centro Andaluz de Arte Contemporánea.
Pola Deputación da Coruña, participarán na feira o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira e persoal técnico do servizo e polo Concello asistirá a alcaldesa Inés Rey.