O CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre inaugurou unha horta ecolóxica, iniciativa do Comedor Escolar e da dirección do centro, que tratará de promover os bos hábitos alimenticios. Contou coa colaboración dos alumnos e profesores do centro, que foron asesorados por Antonio Martínez, responsable da Agraria, unha empresa especializada no sector. O concello colaborou nesta iniciativa aportando o material agrícola, o invernadoiro, e diversos tipos de plantas. Con esta iniciativa, enmarcada dentro do proxecto VozNatura, profesores e alumnos ocúpanse dun bancal, no que se plantarán diversos productos ecolóxicos. A concelleira de Medio Ambiente, Rocío Vila, e o edil de Cultura, Santiago Ríos, asistiron a inauguración ante máis de 200 alumnos e docentes.