· Hoxe aboáronse 37.000 euros ás empresas que obtiveron a subvención do PEL Reactiva da Deputación e nos próximos días ingresarase o resto ata completar os 85.581 euros xustificados.
· Os certificados bancarios deben enviarse ao correo electrónico adl@camarinas.net
O Concello de Camariñas comezou hoxe a ingresar as primeiras subvencións do plan de axudas cofinanciado pola Deputación da Coruña a través do PEL Reactiva dirixido aos autónomos e microempresas que sufriron as consecuencias da declaración do Estado de Alarma.
Deste plan beneficiaranse 56 empresas do municipio e xa se aboaron un total de 37.000 euro. Nos próximos días farase efectivo o resto, ata completar os 85.581 euros xustificados. Os adxudicatarios recibirán entre 1.500 e 3.000 euros segundo a puntuación concedida.
Os beneficiarios que aínda non enviasen ao Concello os certificados bancarios deben remitilo ao correo electrónico adl@camarinas.net. Para máis información pode chamarse ao teléfono da Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas: 981 736 000.
Os gastos subvencionables foron a compra de material desinfectante e de limpeza, seguros, suministros (auga, luz, electricidade, combustible…), adquisición de mamparas, arrendamentos de locais, vehículos, maquinaria…