Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Lousame abre o período de preinscrición para os cursos de natación da piscina municipal


A piscina reabrirá o vindeiro 1 de xullo e os cursos comezarán o día 5 con seis grupos con seis nenos e nenas

A piscina municipal do Concello de Lousame reabrirá as súas portas o vindeiro 1 de xullo e os cursos de natación de verán comezarán o día 5 de xullo. As prazas para estes cursos son limitadas, o período de preinscrición ábrese o 16 de xuño e debe tramitarse a través da concellaría de Deportes na Casa do Concello. Asemade, para facilitar todas as xestións este ano púxose en marcha unha plataforma dixital de pagos na que poden resolverse tanto os abonos diarios como os mensuais.

Os cursos da piscina organizaranse por franxas de idade con dúas quendas nas que haberá un máximo de seis crianzas, polo tanto hai 12 prazas para cada grupo de idade. Os cursos de iniciación á natación, que se prolongarán ate finais de agosto, terán os seguintes horarios:

Nenos e nenas de 4 a 6 anos:
– Grupo A: Luns e mércores de 12:30 a 13:30 horas
– Grupo B: Martes e xoves de 12:30 a 13:30 horas
Nenos e nenas de 7 a 10 anos:
– Grupo A: Luns e mércores de 11:30 a 12:30 horas
– Grupo B: Martes e xoves de 11:30 a 12:30 horas
Nenos e nenas maiores de 11 anos:
– Grupo A: Luns e mércores de 10:30 a 11:30 horas
– Grupo B: Martes e xoves de 10:30 a 11:30 horas

Durante as mañás a piscina estará só aberta para os cursos de natación e pola tarde abrirá de 15:00 a 21:00 horas de luns a domingo. A capacidade máxima da piscina é de 78 persoas segundo as medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias por mor da Covid-19.
Para a tempada de piscina contrataranse un total de tres socorristas titulados. A piscina permanecerá aberta ata o día 15 de setembro.