O Concello de Lousame gardou este mediodía un minuto de silencio na porta principal do edificio consistorial como xesto de repulsa contra a violencia vicaria e a violencia machista. O asasinato de Anna e Olivia a mans do seu pais conmociounou a todo o país, ao igual que o asasinato de Rocío, de 17 anos, en Estepa (Sevilla) e o dun neno e cinco mulleres –unha delas embarazada- no último mes.
O Goberno municipal condena firmemente a violencia de xénero e queren brindar o seu apoio ás familias de todas as mulleres asasinadas –un total de 21 no que vai de ano-.
“Toda a nosa repulsa contra a violencia machista e vicaria. Combatela é unha tarefa na que todos e todas debemos implicarnos no noso día a día e, especialmente, dende o eido da educación”, sinalou Teresa Villaverde, alcaldesa do Concello de Lousame neste acto.