Friday 22 de November de 2024

Jacobo Rey sinala a creación de sinerxias como un apoio fundamental dos menores que sofren enfermidade renal an presentación do Encontro de Familias Medro con Alcer


O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, presentou hoxe o Encontro de Familias Medro con ALCER, co obxectivo de facilitar información e formación sanitaria, social ou educativa de interese no manexo da Enfermidade Renal Crónica (ERC) na familia. A xuntanza busca, así mesmo, crear novas sinerxías entre as familias e entre os menores que sofren ERC, un apoio clave para mellorar as súas relacións, segundo salientou o representante do departamento da Consellería de Política Social.

Durante a presentación, Jacobo Rey puxo en valor a existencia deste tipo de programas, dirixidos a mellorar a situación dos menores que conviven coa ERC e ás súas familias, iniciativas que pretenden dar acompañamento psicolóxico e propor actividades de lecer e ocio educativo para que as mozas e mozos galegos desenvolvan as súas aptitudes persoais partindo de xogos. As propostas inclúen, entre outras, a elaboración de receitas de cociña e entretemento deportivo.