O pleno municipal do Concello de Oroso, reunido en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade participar no Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2015 da Deputación da Coruña e solicitar un total de 230.298, 92 euros. Uns cartos que se destinarán a reducción do endebedamento e a investimentos financeiramente sostibles.
Así, o Concello de Oroso investirá un total de 184.469 euros na mellora da rede viaria entre os lugares de Valverde-O Curro (Vilarromariz), Oroso de Abaixo-Berdomás (A Gándara), Pedralba-Cabana (Os Ánxeles) e no lugar de Recouso (Marzoa). Os restantes 45.829 euros destinaranse a solventar un préstamo que o Concello de Oroso mantén con Abanca.