Monday 25 de November de 2024

Trenor participa na posta en marcha do programa “Bolboretas Rosas” de entrenanmento con ximnasia e remo para persoas con cancro de mama


A iniciativa está organizada polo traumatólogo, Rafael Arriaza e pola cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC e conta co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na primeira das xornadas do programa “Bolboretas Rosas” posta en marcha grazas a unha iniciativa do traumatólogo, Rafael Arriaza, e da cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC, que consiste na creación dun grupo de adestramento deportivo para mulleres que se someteron a un tratamento de cancro de mama. As actividades contemplan un programa de adestramento e actividade física combinada entre ximnasia e remo para este tipo de pacientes.

Trenor destacou que esta iniciativa, que xa existe noutros países, se pon agora en marcha por primeira vez en Galicia e por suposto conta co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte que cederá unha embarcación da federación galega de piragüismo as fins de semana para poder facer realidade este programa.

O delegado da Xunta agradeceu tamén o apoio do Club Marítimo Oza- O Puntal que será a sede do equipo “Bolboretas Rosas” que navegarán para mellorar o seu estado de saúde.

No acto estiveron presentes Pedro Nimo, deportista do ámbito de atletismo, Carol Stratec, xinecóloga e a cirurxiá Julia Rodríguez, que foron os encargados de dirixir os diferentes adestramentos do medio centenar de persoas que se animaron a participar nesta primeira convocatoria.