• Continúa o plan de arranxo de espazos públicos e áreas recreativas do municipio que se iniciou nas últimas semanas.
O Concello de Malpica completou o acondicionamento do parque de Barizo e do Luciano García Alén de Buño. Seguen así os traballos que se iniciaron nas últimas semanas dentro do plan de acondicionamento de espazos públicos e áreas recreativas do municipio.
Entre as tarefas que se realizaron estivo a limpeza do pavimento, a roza da masa vexetal e a retirada dos restos. Preténdese así preparar o entorno para o uso da veciñanza e dos visitantes durante os meses de bo tempo.
Lembramos que o plan de acondicionamento de espazos públicos e áreas recreativas iniciouse hai unhas semanas e está en marcha xunto á limpeza da rede viaria municipal.
Nesta liña, o goberno local explicou que “nas vindeiras semanas seguiranse executando limpezas noutros espazos do municipio que a veciñanza emprega de xeito habitual”.