Saturday 23 de November de 2024

Traballadoras/es municipais comezan coa limpeza manual das praias e espazos naturais


Do día 14 de xuño ata 15 de setembro desenvolveranse no municipio da Pobra do Caramiñal as tarefas de limpeza manual de praias e espazos naturais. A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), sinala que para a realización destes traballos se contratan oito operarias e operarios, cuxa selección se efectuou a través dunha bolsa de emprego.

Neste senso, a Administración local é beneficiaria dunha subvención por parte da Deputación da Coruña por un importe de 23 361’97 euros para axudar a sufraga-los gastos.

Por outra banda, cómpre lembrar que xa dende a época da Semana Santa se efectúan os labores de limpeza mecánica nos areais do concello.