· A inauguración terá lugar o xoves, 17 de xuño, ás 20 horas.
· A exposición permanecerá ata o 11 de xullo e chega a Camariñas da man do Instituto de Estudios Baleares.
O próximo xoves, 17 de xuño, a partir das 20 horas inaugurarase unha nova exposición no Museo Man de Camelle: ‘Simbiosis marina’, de Francesc Ramis. A mostra, que permanecerá no museo ata o 11 de xullo chega a Camariñas da man da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares.
A obra de Francesc Ramis presenta a realidade que afecta ao medio ambiente: a contaminación xerada polos residuos abandonados, principalmente os plásticos, un problema que afecta á supervivencia das especies mariñas.
O autor dálles unha nova vida aos plásticos saídos do mar, entre outros materiais, e convérteos nunha obra artística representando simbiosis mariñas e marabillosas medusas que nos transportan a un imaxinario universo mariño.