Friday 22 de November de 2024

Os concellos de Porto do Son e Riveira solicitan un novo obradoiro de emprego na especialidade de carpintería e moble


Os alcaldes de Riveira e Porto do Son, Manuel Ruiz e Luis Oujo, asinaron este mediodía un acorde de colaboración para solicitar á Consellería de Traballo e Benestar un novo obradoiro de emprego: o Tahume 2.

A intención de ambos Concellos é que un total de 30 alumnos traballadores maiores de 18 anos (15 de cada termo municipal) se formen na especialidade de carpintería e moble. O taller tería unha duración de seis meses e, de ser concedido pola Xunta, os aspirantes non necesitarían acreditar requisitos de estudo para optar a participar.

O labor dos alumnos redundaría en beneficio dos propios concellos, ao desempeñar traballos de mellora do mobiliario municipal.

Cómpre lembrar que ambos entes locais xa colaboraron anteriormente nun obradoiro de emprego, denominado Tahume e desenvolvido entre novembro de 2013 e decembro de 2014.