Friday 22 de November de 2024

O Concello instala unha ‘eco-nasa’ para residuos inorgánicos no paseo marítimo de Malpica


O Concello de Malpica, a través da concellería de Medio Ambiente, segue a traballar para loitar contra a contaminación e promover unha convivencia sostible no termo municipal.

Neste sentido, acábase de instalar unha ‘eco-nasa’ no paseo marítimo de Malpica que ten a función de colector de residuos inorgánicos. Este contedor está destinado para o depósito de envases, plásticos, latas, bricks ou outro tipo de elementos que habitualmente se colocan no colector amarelo.

Desde o goberno local indicaron que se trata dunha nova iniciativa “coa que animar á veciñanza a empregar os colectores de reciclaxe para conservar mellor o noso entorno”. “O futuro está nas nosas mans, polo que seguiremos promovendo unha Malpica verde que contribúa a coidar do ecosistema”, destacaron.