O alumnado de 2º B de Primaria do CPI Castro Baxoi de Miño visitou este martes as instalacións da casa do concello para coñecer de preto o traballo que se realiza no seu interior.
Ao longo da mañá percorreron as dependencias municipais e foron recibidos polo alcalde, Manuel Vázquez Faraldo. O rexedor escoitou no salón de plenos todas as propostas que os escolares traían preparadas.
Desde o goberno local trasladaron o seu ” satisfación pola visita do que vai ser ou futuro de Miño, que puido participar nunha experiencia moi especial tanto para vos nenos coma para vos traballadores”.