O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, mantivo unha xuntanza con representantes sindicais e xefes e mandos do corpo de Policia Local de Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, mantivo unha xuntanza con representantes sindicais e xefes e mandos do corpo de Policia Local de Galicia co fin de avaliar a elaboración, execución e desenvolvemento de protocolos de actuación para todos os corpos de policía local galegos.
Neste sentido, analizáronse as necesidades concretas do desempeño das policías locais, establecendo unha serie de áreas funcionais para desenvolver os ditos protocolos, aos efectos de manter unha homoxeneidade nas actuacións e en base á necesidade de coordinación entre os distintos axentes.
Así mesmo, tamén se avanzou na elección dos representantes policiais que coordinarán os protocolos, o cronograma da actuación e na posibilidade de incluír esta actividade no programa formativo da Agasp, dándolle máis visibilidade entre os corpos de policía local e garantindo que se acade a máxima implicación de todos no proxecto.
A coordinación do proceso correrá ao cargo do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp, onde se celebrou a reunión de hoxe. Ademais do persoal da Academia e da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, estiveron presentes representantes dos sindicatos CIG, CSIF, CC.OO e UGT; e a Asociación de Xefes e Mandos de Policía Local, AXEMPOL.