O Concello de Touro está poñendo a punto durante durante os meses de maio e xuño as súas áreas recreativas e espazos de lecer. Este traballo está a cargo dos integrantes do Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra 2020-2021. O equipo de alumnos estiveron nos últimos días facendo traballos de acondicionamento nas áreas recreativas de Touro, concretamente na de A Santaia e na de Foxás-Grixó. Xa fai unhas semanas tamén arranxaron o espazo natural de Brandelos.
Os participantes no Obradoiro de Emprego adícanse ao acondicionamento destes espazos públicos, fundamentalmente limpeza dos terreos, desbroce de maleza, poda das árbores, retirada de madeira dos cauces dos ríos, recollida de folla ou limpeza de fontes e outras estructuras. As 19 parroquias de Touro contan con áreas recreativas ou espazos de lecer para o disfrute de veciños e forasteiros. O Concello de Touro pretende así poñer ao día unhas instalacións que son utilizadas polos veciños e polos visitantes durante os meses de bo tempo para ter contacto directo coa natureza tras a incidencia da pandemia da Covid19.