O Concello de Val do Dubra recibirá un investimento de 189.000 euros entre 2013 e 2015 para o acondicionamento e arranxo de camiños rurais. A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, visitóu esta mañá Val do Dubra para analizar xunto co alcalde, Ramón Varela, o proxecto de acondicionamento de pistas no rural. As aportacións chegan a Val do Dubra a través dos fondos do Plan marco de mellora de camiños, que este ano estará cofinanciado pola Consellería de Medio Rural e pola Deputación da Coruñan. No periodo 2014-2015 o Concello de Val do Dubra disporá de 119.000 euros para levar adiante estas actuacións nos vindeiros meses, o que supón un incremento de ata o 73% respecto á convocatorio anterior.
O alcalde de Val do Dubra explicó á delegada da Xunta que en breve comenzarán as obras para mellorar seis pistas municipais que unen a estrada do Bravo e A Maceira, Vilalba e Pedra Pichela, Pedra Pichela e Leirón, Paiares e a estrada de Bascuas a Vilalba, o acceso a Cabada e o lugar da Algaria. As actuacións consistirán la mellora da capa de rodadura, co arranxo de fochas, apertura de gabias, tratamento asfáltico superficial e limpeza e perfilado de noiros e cunetas. Trabállanse en arredor de tres quilómetros de vías.
Belén do Campo supervisou tamén o resultado dos traballos levados a cabo a través deste plan no periodo 2013-2014, cando o concello recibiu un investimento de 69.000 euros. Realizáronse labores de mantemento en tres quilómetros de pistas, localizadas en Buxán-Reboredo, O Casal, Riba de Agueiros, Piñoi, Rial, Valiñas e A Rocha de Enriba. Os fondos investidos permitirán favorecer o desenvolvemento rural e o asentamento da poboación a este entorno.