Familias de estudantado do IES da Pobra do Caramiñal recibiron na tarde do día 2 de xuño un coloquio da man do psicólogo Juan Carlos Permuy Bermúdez sobre a prevención de condutas adictivas no ámbito escolar. Deste xeito, déuselle continuidade ó proxecto iniciado no mes de abril cos obradoiros dirixidos ó alumnado de 4.° da ESO do referido centro educativo.
A dita iniciativa impulsouna o instituto en colaboración co Concello, a través da Concellaría dos Servizos Sociais, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG), xurdida das xuntanzas periódicas mantidas entre ámbalas partes implicadas.