· Mañá, xoves 3 de xuño, instalarase na Alameda de 11:30 horas a 12:30 horas unha carpa para informar os veciños e veciñas sobre esta forma de xestión dos residuos orgánicos.
· Ás 17:00 horas celebrarase a última sesión sobre compostaxe in situ.
O Concello de Ortigueira instalará mañá, xoves 3 de xuño, de 11:30 horas a 13:30 horas unha carpa informativa sobre a compostaxe doméstica na Alameda.
A xornada incluirá tamén unha última sesión de formación sobre a compostaxe in situ ás 17:00 horas.
Con esta iniciativa, o equipo de goberno local busca contribuír á conservación do medio ambiente a través da xestión dos residuos orgánicos mediante o método de compostaxe doméstica.
O proxecto está subvencionado polas axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o financiamiento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).