Thursday 21 de November de 2024

Saída de estrada sen feridos en A Baña


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou esta mañá no operativo mobilizado diante da saída de vía dun vehículo na localidade de Cabanas (A Baña). Ás 11:00 horas de hoxe, os bombeiros de Santa Comba solicitaron a colaboración do GES brionés diante dun accidente con persoas atrapadas no interior do vehículo.

Ata o veciño concello da Baña desprazáronse tres técnicos do GES brionés coa Bomba Lixeira Urbana (BUL) e o Vehículo de Intervención Rápida (VIR) pero, unha vez no lugar do sinistro, comproban que finalmente as persoas ocupantes do vehículo puideron saír del polos seus propios medios e mesmo non precisaron da atención da ambulancia que se desprazou á zona. Como o vehículo quedara xa inicialmente volcado fora da estrada, foi retirado por unha grúa en presenza dos axentes de atestados da Garda Civil de Tráfico.