Thursday 21 de November de 2024

Sorteados 35 lotes de premios entre o alumnado da primaria participante no xogo-concurso O Pasaporte de Xela


Continuando co repartimento de agasallos entre a rapazada participante nas actividades dirixidas ós centros educativos do municipio polo Día das Letras Galegas, que neste 2021 está dedicado a Xela Arias, na xornada deste 1 de xuño efectuouse o sorteo de 35 lotes de premios entre todo o alumnado da primaria acertante do xogo-concurso O Pasaporte de Xela, consistente en cubrir un fragmento do poema pertencente ó libro Denuncia do equilibrio, buscando as dez palabras que faltaban e que se atopaban distribuídas en diversos establecementos locais. Cada unha das referidas recompensas componse dun altofalante bluetooth, unha caixa de luz personalizable, unha mochila e un caderno conmemorativo.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), acompañada da técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, desprazouse ata o CEP Pilar Maestú Sierra e o CEP Salustiano Rey Eiras para face-la entrega.

Esta actividade adscríbese á programación deseñada polas Letras Galegas dende a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal e na cal figuraban iniciativas dirixidas ós diferentes graos de ensinanza .