Saturday 16 de November de 2024

O local social de Bemantes conta cunha nova porta de emerxencias


O Concello de Miño, a través do servizo de obras municipal, construíu unha porta de emerxencias no local social de #Bemantes ante unha petición da asociación veciñal da parroquia.

O inmoble acolle habitualmente reunións para eventos ou actividades deportivas. Gozará así dunha nova medida de proteción para garantir a seguridade das persoas asistentes.

Ademais, esta nova saída facilitará o uso do local para os campamentos de conciliación, que se realizarán en Bemantes grazas á boa disposición da asociación A Irmandade.

No acto de entrega das chaves participaron o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, o concelleiro de Obras, Agustín Sanz, e os membros da directiva da asociación A Irmandade, Carlos Raposo e Manuel Zapata, que está a cargo da dinamización do centro.