Friday 22 de November de 2024

Gran participación nos obradoiros de iniciación de pandeireta, baile galego, gaita e percusión do Concello de Brión


Volverán celebrarse este mércores, venres e sábado, data na que Mercedes Peón porá o punto e final cunha clase maxistral na Carballeira de Santa Minia

Gran participación veciñal nos obradoiros de pandeireta, baile galego, gaita e percusión organizados polo Concello de Brión, e que están tendo lugar en distintos enclaves da Carballeira de Santa Minia. O tempo acompaña, o que permite que o alumnado que estaba matriculado nas Escolas de Danza e Música Tradicional poidan repartírense en pequenos grupos.

As sesións deron comezo a semana pasada e volverán retomarse mañá mércores coas clases de baile para a mocidade. O venres será a quenda da pandeireta e do baile de iniciación, tanto para persoas adultas como para nenos e nenas de máis de tres anos. Para a mañá do sábado 5 de xuño quedan cas clases de iniciación á percusión e á gaita, tanto para nenos e nenas de 4 a 14 anos como para persoas adultas. A xornada do sábado rematará cunha conferencia e clase maxistral ofrecida por Mercedes Peón, que estará acompañada polos profesores Ana Fernández e Santiago Lage.