Saturday 16 de November de 2024

Celebración das Letras Galegas en San Sadurniño


Vanvos algunhas imaxes desta mañá de domingo en que San Sadurniño, por fin, puido celebrar as Letras Galegas tras ter que adiar a cita en dúas ocasións. A xornada abrírona a Escolas municipais de Gaita, seguidas da agrupación de pandeireta e, como remate, pasadas as 13.00h., da actuación de Sanjurjo, Dopico e Cardalda.

No espazo marcouse un itinerario con citas e referencias aos escritores e escritoras homenaxeadas desde 1963. Un sendeiro circular que desembocaba no “Recuncho de Xela Arias”, onde o arredor de medio cento de persoas que pasou polos xardíns puido deixar citas relacionadas coas Letras Galegas, versos ou simplemente as súas palabras favoritas. Todas elas entraron no sorteo de varios agasallos.