Friday 22 de November de 2024

A Coruña recibe unha distinción a nivel estatal “polas súas boas prácticas polo clima”


O Concello obtivo a distinción pola rede de hortos municipais na categoría de “Solucións baseadas na natureza” na oitava convocatoria do certame que realiza a Rede Española de Cidades polo Clima da FEMP

O Concello da Coruña foi recoñecido coa distinción que outorga a Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), e que premia anualmente as boas prácticas locais na loita contra o cambio climático. O galardón foille entregado o pasado 21 de maio en Madrid á titular de Medio Ambiente, Esther Fontán, “este recoñecemento non é só á acción dun Goberno senón realmente a toda a cidadanía da Coruña, que está a atender os hortos urbanos dos barrios, fomentando así un consumo responsable e de proximidade”.

Xunto á Coruña, recibiron os seus premios nas diferentes categorías os concellos de Pamplona, Málaga, Icod de los Vinos, o Consell Insular de Menorca e as deputacións de Cádiz e Málaga. Estes premios estaban convocados pola Rede Española de Cidades polo Clima da FEMP, en colaboración coa Oficina Española de Cambio Climático (OECC) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ( MITECO).