Haberá conferencias sobre “Picasso na Coruña”, coincidindo coas exposicións que abrirán na cidade sobre o pintor
A biblioteca provincial presenta o seu novo programa de actividades para as próximas semanas entre as que destacan os cursos de “Inglés de andar por casa” impartidos por Elisabetn Hamer durante 14 sesións.
De novo, haberá tres niveis e para calquera deles hai que reservar praza o 19 de febreiro. As clases de básico comezan o día 25 e se impartirán todos os mércores de 11.30 a 12.30 horas. As de grado medio serán os luns de 20.15 a 21.15 dende o 23 de febreiro e para os que consideren o seu nivel avanzado poderán asistir ás clases os martes de 11.30 a 12.30 horas dende o día 24.
Haberá outro curso de 15 sesións de chino mandarín impartidos por Rachel Chen. Comezará o 5 de marzo, pero a reserva da praza hai que facela o día 23 deste mes. As clases serán os xoves de 19.00 a 20.30 horas.
Literatura e arte
A biblioteca, da man de Patricia Cernadas, tamén ofrece talleres de literatura de luns a xoves (a elixir) de 17.00 a 18.30 horas. E para os amantes da literatura romántica Trinidad Palacios encabeza un club de lectura dende o 27 de febreiro ao 26 de xuño todos os venres en horario de 17.00 a 19.00 horas. O prazo de inscrición ábrese o día 18.
Seguindo coas artes, a partir do 19 de febreiro, todos os xoves de 11.30 a 13.00 horas Luisa Valdés ofrecerá o curso “Figuración e vangarda”. É preciso reservar praza este mesmo xoves, 12 de febreiro.
E coincidindo coas exposicións sobre Picasso que se organizarán na cidade, a biblioteca ofrece tamén conferencias sobre o pintor malagueño e a súa relación coa cidade. Haberá catro charlas os días 3, 10, 17 e 24 de marzo de 19.30 a 20.30 horas. Tamén é necesario apuntarse previamente, o día 18 de febreiro.
Para o público infantil
Ademais, con motivo do Entroido, a biblioteca infantil organiza un obradoiro no que os máis pequenos poderán facer caretas e antefaces para estes días. Será este venres 13 no vestíbulo do edificio e se invita aos nenos a vir disfrazados para a ocasión.
Neste caso non é preciso inscrición previa, senón que a participación é libre e aberta a calquera idade.