Por petición da A. C. Barbantia, as entidades organizadoras da presentación do libro Memorias dunha estrela sen luz, de Andy da Fonte, decidiron adiar a celebración deste acto.
Unha vez concretada a nova data, procederase coa comunicación da mesma.
Esta cita adscríbese á programación impulsada co gallo do Día das Letras Galegas dende a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).