O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, puxo en valor esta mañá o imprescindible labor levado a cabo polos bancos de alimentos especialmente neste último ano de pandemia. O responsable do departamento autonómico enxalzou o traballo destas institucións durante a apertura dunhas xornadas organizadas por Vegalsa-Eroski centradas na Responsabilidade Social Empresarial. A sesión, celebrada no Palexco da Coruña, albergou durante todo o día charlas, mesas redondas, obradoiros de empregabilidade, entre outras actividades.
Arturo Parrado, quen mencionou expresamente a actuación do Banco de Alimentos Rías Altas, destacou que estas entidades son imprescindibles, polo que sempre terán ao seu carón o Goberno galego para poder continuar co seu labor. O director xeral lembrou, neste sentido, que a Xunta de Galicia incrementou nos orzamentos as axudas destinadas a apoiar a cobertura das necesidades básicas das persoas, entre elas as destinadas a estas institucións.