· O Consistorio recibirá, a través do acordo de colaboración entre Ecoembes e a Xunta de Galicia, unha subvención de 6.100 euros para novos contedores de envases lixeiros, papel e cartón.
· A iniciativa permitirá mellorar os medios dispostos en materia de reciclaxe co obxectivo de fomentar unha maior recollida selectiva deste tipo de materiais
O Concello de Ortigueira aposta polo medio ambiente coa adquisición de novos contedores para a reciclaxe de envases lixeiros, papel e cartón. A iniciativa está financiada con fondos do convenio marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes.
Deste xeito, o Consistorio recibirá unha subvención de 6.100 euros para adquirir os novos contedores. Desta contía total, 2.850 euros destinaranse á compra de recipientes de recollida de envases lixeiros e 3.250 euros aos de papel e cartón.
O acordo foi asinado polo alcalde do municipio, Juan Penabad Muras, e o director de Xestión Local e Autonómica de Ecoembes, Anxo Hervella Touchard.
A iniciativa permitirá mellorar os medios dispostos en materia de reciclaxe co obxectivo de fomentar unha maior recollida selectiva deste tipo de materiais. Con este proxecto o Concello espera aumentar a porcentaxe de materia reciclada e incrementar así as cantidades recuperadas.
“Seguimos mellorando ou servizo de recollida de residuos para facilitar a reciclaxe destes e coidar do medio ambiente, facendo que Ortigueira sexa un municipio máis verde”, sinalou o concelleiro de Medio Ambiente, José Luis Pérez.