O presuposto deste ano é de 15.505.000 de euros, que supón un presuposto “sostible e equilibrado financeiramente falando”
O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, e a edil de Facenda, Marta Vázquez, presentaron o presuposto municipal de 2015 que se levará a pleno o próximo luns día 16 de febreiro. En canto aos datos presupostarios, explicou que o presuposto deste ano ascende a 15.505.000 de euros, que se traduce nun presuposto prudente e realista. Obsérvase unha estimación de ingresos 2015 menor con respecto ao presupostado en 2014. Para iso axustáronse as previsións tomando como referencia o liquidado en 2014, isto asegurará un maior control do gasto Y UN CUMPRIMENTO MÁIS RIGOROSO DO PERÍODO MEDIO DE PAGAMENTO. Partindo dun presuposto máis axustado en ingresos lograrase un cumprimento da Lei de morosidade, confianza dos nosos provedores, maior remanente de tesouraría o que levará consigo a evitar calquera situación de iliquidez e un mellor resultado presupostario.
Segundo o alcalde, reduciuse no gasto corrente en elementos non produtivos como en publicidade, propaganda e gastos protocolarios ou comunicacións telemáticas…
Esta redución do gasto consegue a intención de facer un presuposto máis realista e para levar a cabo a promesa de redución de tipos impositivos afectados directamente polo novo relatorio de valores. Así a débeda financeira se rebaixa en máis de 125.000 euros a pesar de que o gasto en investimento en moi elevado 1.300.000 euros, relevante porque o 75% dese investimento se realizará con fondos propios.
Con respecto ás áreas municipais máis fortalecidas, referiuse ao aumento dos recursos destinados a Servizos Sociais e a Emprego. En concreto, aumenta a partida destinada a emerxencias sociais de 125.000 euros a 170.000 euros. E mantéñense os convenios con asociacións que apoian aos sectores sociais máis desfavorecidos. Así mesmo, auméntase o gasto en dependencia con respecto ao presupostado e liquidado en 2014.
Por outro lado, en canto ao Emprego duplicouse a partida en Formación Municipal para o Emprego, estendeuse as axudas para autónomos de 6 meses a cubrir todo o primeiro ano da cota de autónomos dos nosos emprendedores e solicitáronse dous novosobradoiros. No apartado de Promoción Económica, Rivas destaca o aumento dun 15% para realizar programas de dinamización das empresas locais, continúase cos convenios coas asociacións de empresarios e dótase unha partida para continuar o proxecto TIFAS CAMBRE. Tamén se destinará unha porcentaxe desta partida á dinamización da feira tradicional de CAMBRE.
A Educación, parte fundamental neste presuposto, refórzase coa dotación dunha liña de subvencións para bolsas de libros e estudos apostando claramente pola educación e a conciliación da vida laboral das familias de Cambre. Refórzase a partida presupostaria do Programa “MAÑANCEIRO”, de grande aceptación polos nosos veciños (pasa de 40.000 a 60.000 euros). Ademais, renóvanse dos convenios coas diferentes Anpas do municipio. E como novidade este ano haberá unha partida para comedor nos campamentos urbanos de verán. Así mesmo, mantéñense as partidas destinadas a Xuventude, Deportes e Cultura co fin de garantir os programas existentes e que, segundo os datos que ten o concello, tiveron unha boa acollida no pasado exercicio.
Rivas destacou deste presuposto unha serie de investimentos necesarios e prioritarios que foron na súa maioría demandadas polas asociacións cambresas. Entre os investimentos destacan a obra en seguridade vial na AC-214 e a renovación abastecementoFraiz a Mouta, a humanización Plaza Miguel Ángel Blanco, a reposición do Céspede Campo de fútbol do Brexo Lema, a remodelación da Casa Arrigada, a reforma da piscina municipal, reforma pista polideportiva Sta. Maria de Vigo, reforma do arquivo casa consistorial, a rede de pluviais no polígono industrial tempero, a renovación de Servizos e seguridade viaria en AC-214, acondicionamento local para despensa de Alimentos, a reposición do céspede do Dani mallo, a reforma do Palco de Meixigo ou a Senda Peonil en Quintan-Cecebre.
Máis investimentos, menos débeda
Con estes presupostos pecharase o 2015 cunha redución da débeda municipal de 125.172,66 euros posto que se prevé amortizar débeda por 614.978,11 € e acudindo a crédito por importe de 489.805,45 €. Crédito fundamentalmente público e a tipo de xuro cero, grazas ao Programa de Aforro e Investimento da Deputación da Coruña.
INVERSION
Seg. Vial na AC-214 e renovación abastecemento Fraiz a Mouta 349.787,47
Humanización Praza Miguel Ángel Blanco 10.000,00
Reposición do Céspede Campo de fútbol do Brexo Lema 360.000,00
Remodelación da Casa Arrigada 55.000,00
Achega municipal piscina 45.183,92
Reforma pista polideportiva Sta. Maria de Vigo 45.000,00
Reforma arquivos casa consistorial 20.000,00
Rede de pluviais no polígono industrial tempere. Aport.2014 14.300,31
Acondicionamento local para despensa de Alimentos. Ap 2014 16.510,45
Céspede do Dani mallo. Achega municipal 16.569,62
Adquisición de marquesiñas 24.000,00
Vehículo hibrido para obras 25.000,00
Obra de investimento PAI 2015 222.989,26
Palco de Meixigo 20.730,71
Senda Peonil en Quintan-Cecebre 60.000
TOTAL 1.285.071,74