Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Lousame e o Club Lousame Deporte retoman as escolas deportivas coa patinaxe


O período de inscrición remata o vindeiro 31 de maio e a actividade comezará o 4 de xuño na pista deportiva de ‘O Sanguiñal’

O Concello de Lousame e o Club Lousame Deporte inauguran a escola deportiva de patinaxe, dirixida a nenos e nenas maiores de 6 anos. Con esta nova actividade, moi demandada polas familias lousamiás, o Concello de Lousame retoma as escolas deportivas dirixidas á mocidade despois dun ano no que a pandemia da Covid-19 complicou a organización deste tipo de programas.

As clases comezarán o vindeiro venres 4 de xuño, e as sesións desenvolveranse entre as 20:30 e as 21:30 horas na pista deportiva de ‘O Sanguiñal’ en Tállara durante os meses de verán. Posteriormente, co inicio do curso escolar probablemente se axuste o horario. En función das solicitudes de praza que reciban, dende o Club Lousame Deporte barallan a posibilidade de incrementar o número de sesións e de horarios ofertados.

No desenvolvemento desta actividade vanse ter en conta todas as medidas de seguridade en relación coa pandemia da Covid-19. Ademais ao ter lugar ao aire libre, poderá ter un aforo máis amplo.
O prazo para inscribirse nesta actividade remata o vindeiro luns 31 de maio, e para formalizar a reserva de praza debe chamarse ao número de teléfono 676 224 842.

Trátase dunha actividade organizada polo Club Lousame Deporte coa colaboración do Concello de Lousame coa que se incrementa a oferta de actividades deportivas municipais para os nenos e nenas do municipio.