Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) achegou a proposta das persoas designadas para ocupa-las tres prazas delegadas. Así, o preceptivo curso selectivo comezará no día 31 de maio de 2021 e estenderase ata o día 31 de xaneiro de 2022, se ben terán dous períodos de prácticas que realizarán no municipio.
As persoas designadas achegáronse á localidade para presenta-la documentación e foron recibidas polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e polo xefe da Policía local, José Manuel Cameán, quen lles ensinaron as dependencias. Así mesmo, tiveron unha entrevista co concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra).
A primeira quenda de prácticas transcorrerá do día 10 de xullo ata o día 5 de setembro de 2021, mentres que a segunda será dende 23 de decembro de 2021 ata 31 de xaneiro de 2022.
Unha vez completado o curso pasarán a ser funcionarios, polo que o cadro de persoal estará conformado por 10 policías, sen conta-los/-las auxiliares.