Friday 22 de November de 2024

Clara Pino e Pablo Vidal homenaxean a Xela Arias coa charla musicada Irás, Dirás, Virás


O Auditorio do Museo Valle-Inclán albergará a partir das 20.00 horas deste 25 de maio a charla musicada Irás, Dirás, Virás, unha homenaxe a Xela Arias, da man de Clara Pino e Pablo Vidal.

Ofrecerán así un achegamento á poeta dende a amizade, a súa obra e a musicalización dos seus poemas.

Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19 e as persoas interesadas en asistir débense anotar a través do teléfono de contacto 981831545.

Esta actividade adscríbese á programación impulsada con motivo do Día das Letras Galegas dende a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).