A Consellaría da Sanidade efectuará no día de mañá, sábado 22, unha cribaxe á veciñanza da Pobra con idades comprendidas entre os 20 e 40 anos, o cal se traduce en aproximadamente 1900 persoas. As probas realizaranse no centro de saúde da localidade e será o propio Sergas o que envíe a convocatoria con toda a información precisa.
A Administración local colabora na organización da loxística prestando o apoio que se requira. Neste senso, a Concellaría da Sanidade, que dirixe Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a Concellaría da Seguridade, da cal é titular o seu homólogo José Andrés Lojo (Nós Pobra), mantiveron esta mañá unha xuntanza co xefe da Policía local, José Manuel Cameán, e co da Protección Civil, David Cardalda.
O Concello da Pobra do Caramiñal pide a colaboración da cidadanía para que asista á cita.